Cando somos cativos, no mundo hai posibilidades infinitas. Todo resulta sorprendente, todo pode conventirse nunha aventura. E é que nesta etapa é cando a imaxinación florece o desexo de descubrir e investigar. De convertir cada día nunha historia nova. Aquí é onde a lectura e a escritura convértense nos maiores aliados desas mentes espertas e ollos xigantes.
“Ler estimula a curiosidade, proporciona ferramentas para comunicarnos mellor, tira de nós para intentar contar da mesma maneira que nos contan…” Ben o sabe Ledicia Costas, experta nesa pulsión creativa que nace no berce: “Comezamos a contar historias desde que manexamos a linguaxe e temos a capacidade de expresarnos. As nenas e nenos fabulan continuamente, o da infancia é un terreo especialmente fértil para a inventiva.” explica a autora.
Lectura e creación, sempre vencellados
[–>
“Unha crianza que ten a pulsión de escribir e inventar historias é sempre unha crianza lectora, son vasos comunicantes”, apunta Ledicia Costas, que sitúa o amor pola literatura na base deste obradoiro.
Ao seu carón e igual de importante está a presenza e axuda dos mestres. Por iso, a autora compartirá no VIII Foro de Educación algunhas pautas para elaborar un espazo de creación literaria nas aulas de forma divertida.
“Cando as vidas das crianzas están altamente planificadas, cada espazo para estimular a creatividade é valioso”
[–>
Durante a seu obradoiro “Palabrario”, ensinará a crear atmosferas axeitadas para que os nenos deixen voar a súa imaxinación, mentres que tamén se orientará aos docentes para que amosen como construír personaxes e os coloquen nos máis disparatados escenarios. “Este obradoiro está pensado para docentes de primaria, especialmente para o segundo e terceiro ciclo (3º, 4º, 5º e 6º), mais é adaptable tamén aos primeiros cursos da ESO.”
E é que a estimulación da creatividade convírtese en clave “nun momento social en que as vidas das crianzas están altamente planificadas cunha presenza rotunda do mundo dixital” continúa “Significa darlles a oportunidade de descubrir outras vías de expresión e desenvolver capacidades que talvez nin sequera saiban que posúen”.
[–>
“Axudan cada vez que empezan un ciclo de lectura compartida, cando crean dinámicas de lectura en voz alta, cando fan unha posta en común da lectura de aula, cando poñen en marcha actividades relacionadas con esa lectura: debuxar os personaxes dos libros, crear un mural para decorar un dos corredores da escola, convidar a unha autora ou autor ao cole a falar do seu libro… Este obradoiro tan só se trata de ir un pasiño máis alá e animar a que o alumnado invente as súas propias historias”.
Porque si, todos os cativos, especialmente cando comparten experiencias con iguais e cando traballan con liberdade, son creativos. Pero non é algo único da infancia: “Os mestres e mestras son creativos sempre. Están constantemente inventando xeitos de manter a atención na aula, deseñando actividades engaiolantes, creando unha atmosfera agradable de aprendizaxe… Fan ese traballo cada día”.
Un ambiente libre e inclusivo
[–>
As aulas, de base, xa conforman un espazo que convida á concentración. Son un lugar no que o alumnado sabe identificar cando chega o momento de pensar e traballar en silencio, cunha dinámica que teñen interiorizada e que está reforzada por mestras e mestres. Pero si parece oportuno que ese momento dedicado á creación sexa especial.
[–>
Con esa intención chega Palabrario, para crear o ambiente perfecto e aportar as mellores ferramentas que axuden a construir e identificar ese momento dedicado á creación literaria. En palabras da propia Ledicia, ese obradoiro aterriza no Foro coa idea de que os participantes “saian coas bases para poder construír un espazo de creación literaria na aula, desde un punto de vista lúdico. Que o alumnado poida construír personaxes, escribir as súas propias historias e divertirse durante o proceso. Teño moitas ganas de compartir esta experiencia co profesorado!”
[–>
You may also like
-
Trump rigged the elections in the “trampas” counties in Pennsylvania.
-
European Union pledges to help Spain cope with 'devastating' floods
-
ALDEALIX, a project providing renewable energy to Galician villages
-
Equality research changes the framework of prostitution in Spain: 24% are victims of sexual exploitation and 90% do not manage it.
-
72 hours of emergency: UE busca mejorar la repuesta de los hogares a crisis in extreme situations